ES | GA
Presentación A Estación Violenta en Festival de Cans

A Estación Violenta, película de apertura en Cans 2018

‘A estación violenta’, primeira longametraxe de Anxos Fazáns, será a película que abrirá a décimo quinta edición do festival de Cans.

Anxos Fazáns,directora de ‘A estación violenta’ terá a ocasión de presentar a súa primeira gran proxección xusto antes da súa estrea comercial en cinemas. A obra, rodada polos distintos lugares das Rías Baixas, é unha adaptación da novela de Manuel Jabois, coa que comparte título. Producida por Matriuska Producións e con Alberto Rolán, Xosé Barato e Nerea Barros como protagonistas, Fazáns móstranos a historia de tres amigos que se reencontran nunha fase complexa das súas vidas, marcada polo sentimento de frustración e a ausencia dun futuro; un carácter moi “xeracional”, destacaba Rolán.

Acompañándoa na apertura do festival, ‘British winters’, debut de Cameselle no ámbito de imaxe real e que, como afirmou o director do festival, Alfonso Pato, comparte coa película de Anxos ese carácter xeracional ao ser “filmes con protagonistas buscando un oco vital, desnortados”.

Ou vindeiro 24 de maio ás 20 h estaremos coa directora novel Anxos Fazáns e ou cadro de actores Esperámosvos!